Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe unha nova aplicación móbil que ten como obxectivo loitar contra as agresións sexuais. A ferramenta, a primeira destas características dunha comunidade autónoma, elaborouse en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. Tamén participaron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, Fernando Suárez.
  • A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela vai ser o escenario que acolla a segunda Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido, que FEGADACE organiza o sábado 29 de setembro desde as 9:30. O encontro está dedicado á reflexión, definición, estudo, avaliación e medición da calidade de vida do colectivo que representa a Federación Galega de Dano Cerebral.
  • O programa de dinamización da lectura Ler conta moito achega neste mes de agosto 56 actividades a 35 concellos de toda Galicia. A convocatoria de axudas deste ano, dotada con 195.000 euros, e que se resolveu en maio, posibilita que 228 bibliotecas e axencias de lectura municipais de 173 municipios se beneficien ata finais de outubro das actividades que ofrece este proxecto.
  • Os Premios de Publicidade en Galego, que en 2018 acadan a súa XXV edición, incorporan unha categoría extraordinaria que recoñecerá proxectos elaborados por alumnado de centros educativos e que se sumará ás catro existentes ata o de agora: radio, televisión, internet e prensa escrita. Os galardóns teñen como obxectivo promover a publicidade en lingua galega e se encadran nas directrices do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020.
  • O audiovisual galego conta desde este mes cun novo espazo informativo onde amosar todo o potencial do sector e dos seus profesionais. 'Díxome, Díxome', unha publicación do Clúster Audiovisual Galego, que nace co obxectivo de contribuír a que se consuma máis audiovisual feito en Galicia. O Clúster ten agora un lugar propio con contidos moi diversos pensados para poñer en valor ao sector e onde haberá espazo para os profesionais, para os que están diante e tamén detrás dos focos.
  • Santiago de Compostela contará con la presencia de la multipremiada directora inglesa Sue Clayton, que viene a presentar su documental de investigación 'Niños de Calais: La hora de la justicia'. Se convoca una rueda de prensa a las 11:30 en la Hospedería de San Martín Pinario y se realizarán dos proyecciones con coloquio: A las 17:30 en la Sede de AFundación de la rua del Villar 19 y a las 19:00 otra proyección en la Hospedería de San Martín Pinario.
  • No acto que terá lugar o venres, 27 de xullo, ás 20,30, no Casino de Ferrol, intervirán Julia María Dopico Vale e o escritor Vicente Araguas.
  • Son 94 imaxes que recollen outras tantas instantáneas do ceo nocturno da man “dun grupo de soñadores que, sendo sensibles ao instinto ancestral de mirarmos cara ao ceo, se lanzaron á procura da noite a rescatar ese tesouro apagado polo malgasto de luz artificial”. Salvador Bará Viñas e Jorge Mira Pérez, profesores do Departamento de Física Aplicada da USC e coordinadores do libro, presentan nestas liñas aos nove fotógrafos e fotógrafas que achegan o seu punto de vista nesta obra editada pola USC.
  • A Sede do Instituto de Estudos Ulloáns acolle este sábado a presentación dos últimos libros de Xosé Lois García, as obras teatrais “O proceso a Lucía Fidalgo” e “Auto do demo e da viñateira” e o poemario “No soño dos ollos”. No acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, o autor estará acompañado do director do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo, o escritor e investigador Héitor Picallo e o alcalde do Concello de Monterroso, Miguel Rico.
  • O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) convoca por cuarto ano consecutivo a representantes da industria e o sector público na xornada de portas abertas 'Inside the Lab' do vindeiro 6 de xullo. Quen desexe participar no encontro, concibido para pór en valor os últimos avances de investigación desenvolvidos no centro, deberá cubrir antes do 5 de xullo o formulario de inscrición.