Noticias
-
En Vilalba, vense de presentar o libro LOIS PEÑA NOVO, 55 ANOS DESPOIS, publicado polo Colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia e o Concello vilalbés. Na presentación tomaron parte a Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro; o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o especialista en Peña Novo, Manuel Roca; o historiador Xosé Antón Pombo e o xornalista vilalbés, Presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz. O libro publícase aos cincuenta e cinco anos do pasamento do avogado vilalbés, o 24 de xullo de 1967, cando acudía a Vilalba á inauguración do Parador de Turismo, sufrindo en Robra, na Nacional VI un accidente mortal no que foron víctimas o avogado e político, a súa dona Ermitas Verdes, e un matrimonio amigo.
-
O circuíto das Feiras do Libro impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia experimentou este ano un incremento tanto nas vendas como no número de librarías participantes nos eventos. As citas deste ano involucraron a un total de 90 librarías, o que supón un incremento do 26% en relación ao pasado ano. En total, o circuíto de Feiras do Libro está composto por 13 paradas que inclúen preto de 900 actividades como sinaturas de libros, actividades infantís e presentacións, entre outras, que tiveron lugar nas máis de 130 casetas instaladas nas rúas de diferentes puntos de Galicia.
-
O hispanista británico John Rutherford, difusor das linguas e literaturas galega e española e do Camiño de Santiago, participará como conferenciante nestas xornadas. O programa completarase coa intervencións de distintas personalidades do ámbito universitario, da comunicación, da cultura, da Igrexa, da administración e da propia Academia Xacobea, coñecedoras do ámbito. Ao longo dos tres días que durará a citar levaranse a cabo distintas actividades relacionadas co Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo: conferencias, táboas redondas, unha exposición, así como interpretacións musicais.
-
A intención é a de divulgar a etapa galega de Picasso, quizáis unha das máis descoñecidas, do xeito máis completo posible. Picasso, blanco no recordo azul. A Coruña 2023 poderá verse no Museo de Belas Artes da Coruña e enmárcanse nos actos que se celebrarán en 2023 con motivo do 50 aniversario da morte de Picasso dentro do Anniversaire Picasso 2023, que conmemorarán conxuntamente España e Francia nos seus museos e cidades picassianas. Este novo proxecto expositivo estará comisariado por Antón Castro, Malén Gual e Rubén Ventureira e conta coa coordinación xeral de Ángeles Penas, diretora do Museo de Belas Artes da Coruña, e coa participación do equipo técnico-facultativo do museo.
-
O mércores, 6 de xullo, Paradela dará comezo ás celebracións do seu Bicentenario como Concello, que se prolongarán ata mediados do próximo mes de decembro. Esta conmemoración tivo que ser adiada pola epidemia do Covid, celebrándose agora, neste Xacobeo prolongado, tendo moi presente que Paradela é un fito no Camiño Francés a Compostela. Inaugurarase o Monumento aos Cabaleiros de Santiago, obra de Cándido Pazos, e abriranse ao público tres exposicións, das que dúas itinerarán desde setembro polo Camiño, desde Pedrafota a Compostela.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.982 deles 3.060 son da área da Coruña, 1.932 da de Lugo, 1.905 da de Ourense, 1.664 da de Pontevedra, 2.591 da área de Vigo, 2.717 da de Santiago e 1.092 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 643 en unidades de hospitalización e 14.313 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 628.919 persoas curadas, rexistrándose 3.603 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.935.125. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.696.499.
-
O Presidente Alfonso Rueda, trasladoulle ao Rei Felipe as prioridades da Xunta ante este novo comezo de lexislatura, que son, dixo, as de todos os galegos e galegas, e aseguroulle que Galicia seguirá a contar cun goberno estable, responsable e constitucionalista. Tamén que estará centrado en axudar a familias e empresas ante a incertidume económica e o encarecemento de prezos, en fortalecer os servizos públicos e en aproveitar ao máximo os fondos europeos para modernizar o noso tecido produtivo. "Temos magníficos proxectos que van cambiar o mercado de traballo e suporán un impacto moi importante neses territorios".
-
A Xunta ven de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do novo Programa do bono alugueiro mocidade e se procede á súa convocatoria para o ano 2022. Estas subvencións, que se concederán por un período de 2 anos e cun importe de 250 euros —sempre que non supere a contía da renda mensual—, están dirixidas a persoas de entre 18 e 35 anos que teñan a súa residencia habitual nunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.710 deles 2.793 son da área da Coruña, 1.755 da de Lugo, 1.737 da de Ourense, 1.513 da de Pontevedra, 2.421 da área de Vigo, 2.496 da de Santiago e 975 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 599 en unidades de hospitalización e 13.090 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 628.554 persoas curadas, rexistrándose 3.597 falecementos.
-
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.412 deles 2.518 son da área da Coruña, 1.584 da de Lugo, 1.554 da de Ourense, 1.356 da de Pontevedra, 2.218 da área de Vigo, 2.264 da de Santiago e 901 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 20 están en UCI, 630 en unidades de hospitalización e 11.762 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 628.086 persoas curadas, rexistrándose 3.594 falecementos.