Skip to main content

Noticias

  • O teléfono de atención e información 012 atendeu dende o inicio do estado de alarma, concretamente dende o 16 de marzo, máis de 70.000 chamadas, das que un 70% -unhas 49.500- se produciron nas liñas directamente relacionadas coa atención de consultas non sanitarias de particulares e empresas relacionadas co coronavirus COVID-19. Un incremento de máis dun 44% en chamadas con respecto ao mesmo período do ano pasado. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, visitaron esta mañá as instalacións do servizo, onde en primeiro lugar, o vicepresidente agradeceu o labor dos xestores telefónicos durante estes días, nos que atenderon unha media de 1.000 chamadas diarias con dúbidas relacionadas co coronavirus.
  • O Comité de Expertos Económicos de Galicia, en cuxa reunión participou hoxe o presidente da Xunta, concluíu a necesidade de que o Goberno desvincule o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) de forza maior do mantemento do actual estado de alarma. Tal e como apuntou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria despois da xuntanza, esta medida é necesaria para “dotar de seguridade xurídica e certeza aos propios empresarios e autónomos”. A criterio dos expertos, o que debe ser habilitante para a utilización deste instrumento é o impacto sobre o nivel de actividade das empresas derivado das medidas de distanciamento social, limitacións de afluencia ou de períodos de apertura ou calquera outra restrición para o desenvolvemento da súa actividade.
  • Marián Bañobre dirixe 'O premio' a partir dun texto de Santiago Cortegoso, que levan a escena Victoria Teijeiro, Xurxo Cortázar e Raquel Espada, quen é candidata a mellor actriz secundaria nos Premios de Teatro María Casares por Neorretranca e posmorriña, a última produción do Centro Dramático Galego. Ideada como creación colectiva, O premio é unha comedia aceda ambientada nun futuro próximo, no que o progreso tecnolóxico e a presión por lograr o éxito laboral, sentimental e social levan os cidadáns a un estado de desánimo e frustración, agravado por unha gran crise económica por mor do envellecemento da cidadanía. Para enfrontar esta situación, os dirixentes poñen en marcha unha insólita e popular medida: crear un reallity en directo.
  • Destacan no programa as seis palestras sobre asuntos que lles afectan directamente aos integrantes da industria musical (festivais, fórmulas de apoio á música, asociacionismo, oportunidades de financiamento á produción, contratación internacional e salas de concertos), as reunións personalizadas ou os showcases de Magín Blanco e A Banda das Apertas, Luca Argel, Silvia Penide, Ezetaerre, Barry White Gone Wrong, Xacobe Martínez Antelo Trío e Oîma. Unha parte da programación ábrese ao público xeral, comezando polo concerto de benvida coa cantante galega Uxía e o portugués Rui David, nun espectáculo no que tamén actuarán Nastasia Zürcher, Dios Ke Te Krew e Dealema.
  • A Cidade da Cultura pon en valor o labor das redeiras cunha exposición fotográfica aberta ao público desde hoxe e que forma parte da programación do Gaiás vencellada ao Día Internacional da Muller, que se conmemora o 8 de marzo. 'Redeiras. Unha profesión con historia' é unha mostra itinerante da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao e que xa foi exposta con anterioridade en Cariño, Cangas do Morrazo e Malpica de Bergantiños. Está composta por 25 fotografías, realizadas pola comisaria Xela Rodríguez, que foron tomadas en tres localidades galegas vencelladas ao mundo do mar para reflectir os procesos artesanais deste oficio e para darlle visibilidade o labor das mulleres no sector pesqueiro, ao mesmo tempo que para empoderalas.
  • A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, foi presentada no Ateneo Ferrolán, onde permanecerá ata o vindeiro luns. Ao acto de inauguración asistiron a presidenta do Clube de Prensa de Ferrol, Julia Díaz Sixto, o presidente do Ateneo, Xabier Montero Dongill, o concelleiro de Cultura de Ferrol, Antonio Golpe Díaz, o secretario xeral de política lingüística, Valentín García Gómez, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria. No seu período en Lugo, Ricardo Carballo Calero leu e publicou a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e publicou a súa monumental Historia da Literatura Galega contemporánea.
  • Un total de 94 concellos do ámbito rural solicitaron a súa adhesión á iniciativa autonómica para mellorar as comunicacións móbiles no rural. Para participar no plan as entidades locais debían incluír na solicitude a cesión dun terreo adecuado para a instalación das infraestruturas de telecomunicación e o compromiso de abordar a acometida eléctrica. No primeiro semestre, a Administración autonómica, en colaboración co Colexio de Enxeñaría de Telecomunicacións de Galicia validará as zonas con deficiencias de cobertura trasladadas polos concellos e, conxuntamente con Retegal, visitarase e comprobarase a idoneidade das parcelas indicadas polas entidades locais, creando así un mapa de zonas de actuación.
  • Crebas é un termo propio do léxico da Costa da Morte, que designa todos aqueles obxectos que as mareas depositan na ribeira, a consecuencia dun naufraxio ou outras circunstancias. Baixo este título, a mostra exhibe unha selección de pezas datadas entre 1976 e 2019, que sintetizan as diferentes etapas da obra de Torres. Ademais de pezas procedentes de diversas coleccións, tanto públicas como privadas, preséntase tamén unha serie de obras orixinais directamente relacionadas con Galicia e aquí realizadas, como a serie fotográfica Tipo I (en la escala de Kardashov), que aborda a memoria do volframio e a Segunda Guerra Mundial ou pezas relacionadas con accións que enlazan coas súas primeiras pezas conceptuais.
  • O ciclo de concertos Galicia Importa, renomeado na súa novena edición como Xacobeo Importa presenta a súa nova temporada que arranca con nove concertos ata finais de maio que configuran unha proposta heteroxénea e de gran calidade artística. A primeira destas citas será a que protagonizará mañá venres, ás 22,00 h., na Sala Capitol de Santiago de Compostela a banda norteamericana de stoner rock Monster Magnet, na que é a súa primeira visita a Galicia. O concerto de mañá insírese na súa xira europea Powertrip A Celebration! Plus Much More... na que o grupo orixinario de New Jersey está a celebrar o vixésimo aniversario do seu maior éxito discográfico.
  • O Festival Atlántica vén de anunciar a programación da súa oitava edición, que se vai celebrar entre os días 11 e 20 de marzo. A presentación tivo lugar este martes, nunha rolda de prensa na que participaron Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Mercedes Rosón Ferreiro, primeira tenente de alcalde e concelleira Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela; Mayte Argibay Silva, concelleira de Cultura e Educación do Concello de Teo; e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica. “Atlántica non é só Santiago” e o Festival tamén vai estar en Ferrol, A Coruña, Ourense, Vigo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén e Bertamiráns. Ademais, o 20 de marzo vaise celebrar o Día Internacional da Narración Oral.