Skip to main content

Noticias

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán forma parte da colección Cadernos Ramón Piñeiro. Este volume colectivo, coordinado por Luís Alonso Girgado, Luís Cochón e Armando Requeixo, reúne máis dunha vintena de artigos nos que se analiza en profundidade e vida e obra do escritor valdeorrés. Os ensaios tratan moitos dos principais temas e motivos da biobibliografía do autor, como breves corpus epistolares, a súa relación co Partido Galeguista e Galeuzca, coa RAG ou coa lírica de Cabanillas. Analízanse as influencias poéticas de Amado Carballo na súa escrita ou a súa obra como tradutor, entre outras tantas realidades.
  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou que o éxito da marca Galicia Calidade asociara para sempre a excelencia ao nome e aos produtos da Comunidade. Na gala na que se celebrou o XXV aniversario do distintivo, o titular do Goberno galego puxo en valor a traxectoria das 150 empresas que se animaron a formar parte 'dunha marca esixente' e que contribuíron á singularidade e ao prestixio da Comunidade galega en todo o mundo. 'Vinte e cinco anos despois, está marca segue representado o desexo de ser excelentes e seguir triunfando', aseverou o mandatario galego na súa intervención.
  • Na cerimonia, que chega á súa sétima edición, as poetas Lúa Mosquetera e Wilma Vieira recollerán os seus galardóns por teren producido o mellor da poesía en Galicia e Portugal durante este ano polas súas pezas Anorak de pel de Caribú e E se eu fosse eu?, respectivamente. Pola súa parte, a fadista Ana Moura e o cantante galego Xisco Feijóo, son os gañadores no apartado musical polos temas Andorinhas e Peixe. O proxecto cultural Ponte... nas ondas! recibirá, pola súa banda, o premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona polo seu quefacer a prol do achegamento entre as culturas das dúas beiras do Miño.
  • O programa Radio na Biblio vén de incorporar 30 novos centros educativos, de tal forma que o número de colexios e institutos integrados nesta iniciativa se eleva a 167. Todos eles forman parte tamén do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). O obxectivo deste programa é que os centros de nova incorporación creen emisoras ou laboratorios nas súas bibliotecas escolares co fin de favorecer proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado. No caso dos 137 centros escolares que xa contan cun laboratorio de radio no marco desta iniciativa, percibirán axudas para a realización de obradoiros de formación específica.
  • A Xunta deu a coñecer aos gañadores dos seus premios bienais de literatura dramática. O XXVI Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais recaeu en Fernando Castro Paredes polo monólogo O traxe, mentres que Ana Carreira obtivo o XII Manuel María de literatura dramática infantil por Nin me amoles e o XVI Barriga Verde para textos de teatro para monicreques foi para Eva Mejuto por Os contos de Lobicán, na modalidade para rapaces, e José Luis Baños de Cos por Nas nubes, na de adultos.  
  • A Filmoteca de Galicia inicia a súa programación de decembro, na que María Casares continuará sendo protagonista con tres filmes, a presentación dun libro e unha gravación en directo da produción teatral Macbeth, de 1959, na que a actriz galega lle dá vida a Lady Macbeth baixo a dirección artística de Claude Barma. A emisión deste espectáculo o vindeiro día 22 será a primeira cita dunha escolma na que está a traballar a cinemateca da Xunta co fin de ofrecer unha serie de material televisivo pouco coñecido sobre a gran intérprete.
  • Foi presentado o documental 'María Casares: a muller que viviu mil vidas', filme Agallas Films dirixido por Xabier Villaverde. O filme estréase esta noite no Teatro Colón, onde chega tras o seu paso polo Festival Internacional de Cinema de Ourense e pola Seminci de Valladolid. Este documental nos propón un achegamento íntimo e profundo á vida desta muller extraordinaria, e unha homenaxe, desde a súa Galicia natal, a unha figura cegadora, magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX.
  • A programación da Xunta no centenario de María Casares intensifica as súas actividades nesta recta final do ano con novas conferencias, exposicións e propostas escénicas e audiovisuais que se poderán gozar a partir do 21 de novembro, coincidindo coa data do seu nacemento. Ese mesmo día, a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura inaugurará unha nova exposición bibliográfica con fondos propios que poderá visitarse ata o 27 de xaneiro e está comisariada por Patricia Babío e Carina Fernández. María Casares, a conquista da existencia inclúe unha trintena de libros, revistas, vídeos e discos que permitirán que os visitantes se acheguen á figura de María Casares que quedou plasmada no universo bibliográfico.
  • A serie de películas rodadas en Francia con María Casares como protagonista será un dos eixos da nova programación para o mes de novembro da Filmoteca de Galicia, co que se suma na recta final de ano á celebración do centenario da actriz coruñesa. A carteleira de novembro complétase coa continuidade dos ciclos dedicados a Charles Chaplin, a nova proposta Filmes falados ou varios pases dedicados á Mostra Internacional de Films de Dones de Barcelona (MIFDB), entre outros contidos. Precisamente o encontro catalán que leva 30 anos de traxectoria poñendo o foco no tratamento do feminismo desde o cinema será o que abra o programa de novembro na sala José Sellier.
  • O certamen comeza este martes e finaliza o sábado 22 tras a proxección de 47 pezas audiovisuais en tres emprazamentos diferentes: o Auditorio Municipal, o Museo MARCO e o Cine Salesianos. As proxeccións divídense en catro categorías a concurso e todas elas son de acceso libre ata completar aforo. Ademais, o certame tamén servirá para presentar o documental autobiográfico de Gonzalo Suárez, co-director do festival, que conta como entrar no equipo de balonceso Amfiv cambioulle a vida, despois de quedar en cadeiras de rodas por un accidente.