Skip to main content

Noticias

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Trátase dun percorrido no que o comisario, Manuel Gago, e o coordinador da mostra en Ferrol, Guillermo Llorca, estarán rodeados dalgunhas das persoas con máis traxectoria na investigación sobre o pasado da cidade. Nese grupo están: Esperanza Piñeiro de San Miguel, historiadora e catedrática de Historia de Ensino Secundario xubilada; Carmen Porta Losada, xefa de Arquivo e Biblioteca do Concello de Ferrol; José Antonio Rodríguez Villasante Prieto, tenente coronel de Intendencia da Armada, membro da Real Academia Galega de Belas Artes e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando; e Margarita Sánchez Yáñez, cofundadora e membro do consello de redacción de Estudios Mindonienses.
  • O galardón convocarase cunha periodicidade bienal e será unha das moitas iniciativas para celebrar o centenario do autor. Desta forma, outro dos actos culturais será unha exposición itinerante que comezará en Vigo e percorrerá as principais cidades galegas. Tamén se editará o libro 'Oroza 100', no que participarán cen artistas, intelectuais e escritores aportando a súa visión do autor e as súas propias experiencias. Carlos Oroza (Viveiro, 1923 – Vigo, 2015) foi un dos grandes creadores que viviu na cidade de Vigo, e con todo, o seu nome e a súa obra aínda son unha grande descoñecida entre os galegos, polo que estamos ante unha oportunidade única para afondar na divulgación do traballo do poeta e creador.
  • Dentro da programación do Bicentenario do Concello de Paradela, ven de publicarse o libro “XESÚS MATO, 90 anos… e 50 do seu Fuxan os Ventos”, como homenaxe ao crego e musicólogo fillo predilecto do Concello de Paradela. O libro, publicado por Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria, coordinado por Antonio Giz e Xulio Xiz, co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Paradela, a través de 166 páxinas, é un percorrido pola traxectoria vital de Xesús Mato e Mato, co gallo de cumprir 90 anos o pasado 29 de outubro, e medio século da creación do grupo “Fuxan os ventos”, do que foi alma máter, sendo tamén da súa autoría a letra e a música da canción que deu nome ao grupo.
  • A mostra, que pode visitarse na sede Afundación ata 28 de xaneiro, exhibe unha escolla de 115 pezas, entre as que se atopan obras de arte, fotografías, mapas e documentos históricos, obxectos inzados de simbolismo, vídeos e instalacións interactivas, coa que se convida a explorar a identidade e legado da urbe. Percorre a evolución e construción da cidade a través dunha combinación de obxectos e materiais físicos e tecnoloxías interactivas.
  • A Filmoteca de Galicia arranca as proxeccións da súa carteleira de xaneiro, coa que iniciará dúas retrospectivas dedicadas ao director iraniano Abbas Kiarostami e ao portugués Paulo Rocha, ademais de continuar co ciclo Filmes falados e cos seus especiais conmemorativos dos centenarios da actriz María Casares e do cineasta experimental Jonas Mekas. Kiarostami, un dos realizadores máis relevantes e influentes do seu tempo, protagoniza o arranque da nova programación na sede coruñesa da cinemateca da Xunta, que ofrecerá hasta abril un completo percorrido cronolóxico pola súa obra. Así, durante este mes proxectaranse 14 das curtas e longametraxes da súa primeira etapa, que vai de 1970 a 1980, agrupadas en catro programas.
  • A Casa do Concello de Lourenzá acolleu este sábado o acto inaugural das celebracións do Día das Letras Galegas 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. O evento contou coa presenza do conselleiro de Cultura, dos presidentes da Deputación do Luqo, da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, de alcaldesas, alcaldes, concelleiras e concelleiros, así como de representantes de diferentes asociacións, da Fundación Penzol, da Editorial Galaxia, do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, e do IES San Rosendo, de Mondoñedo, entre outros asistentes.
  • A obra 'A mística da feminidade en Mad Men', de Xosé Antón Cascudo, resultou gañadora do XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, que organizan o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e a Editorial Galaxia. O xurado valorou a súa aposta polo ensaio desde a análise semiótica do audiovisual máis icónico, no que se estuda a cuestión de xénero integrando na revisión o mellor das análises e do pensamento sobre o tema. Escrito cun estilo ensaístico moi ben perfilado, achega unha proposta que conecta co máis destacado dos estudos internacionais neste ámbito, reflexionando sobre a construción do socioidentitario a través dunha das series máis recoñecidas e influíntes do noso tempo.
  • As adaptacións dramáticas dos últimos dous espectáculos do Centro Dramático Galego, Ás oito da tarde, cando morren as nais e de Recortes, caneos e outras formas de driblar,incorpóranse á colección editorial O papel do teatro, que chega así aos once libros publicados en réxime de coedición entre a Xunta de Galicia e Edicións Positivas. Os novos títulos seguen o formato de peto dos números anteriores, con fotografías a cor das postas en escena, artigos de presentación, fichas artísticas e os textos finais sobre os que se construíron as montaxes.
  • A mediados do século XIX e durante o primeiro terzo do XX, os pais do Rexurdimento, os integrantes das Irmandades da Fala, os intelectuais da Xeración Nós e os exiliados republicanos galegos en América comezaron a construír e imaxinar un novo concepto de Galicia. Neste contexto, as Irmandades estableceron en 1919 que o Día de Galicia se celebraría, a partir do ano seguinte, cada 25 de xullo. A efeméride adquiriu oficialidade coa publicación do Decreto do 1 de xaneiro de 1979 da Xunta de Galicia polo que se declara Día Nacional de Galicia o día 25 de xullo de cada ano.
  • Tivo lugar a entrega do VIII Premio Literario Nortear para mozos da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal a Marta Pais de Oliveira. O certame, apoiado pola Xunta de Galicia e a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal, ten como obxectivo incentivar a produción literaria entre os novos escritores que viven na zona transfronteiriza. O galardón ten unha dotación de 3.000€ e contempla a publicación da obra vencedora en galego e portugués, nesta edición cunha portada obra do ilustrador coruñés David Pintor. Nas anteriores edicións acadaron o premio Lara Dopazo, Rui Cerqueira Coelho, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga e Pedro Rodríguez Villar.