Skip to main content

Noticias

  • A Cidade da Cultura de Galicia pechará o 2023 organizando máis de 700 eventos e actividades culturais. Con estas cifras despide un ano no que arrincou a construción do Centro galego de artes dixitais, e no que o Gaiás volveu situarse entre as tres institucións da Comunidade mellor valoradas polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea. Á espera dos datos de decembro, a Cidade da Cultura rematará o 2023 superando en máis dun centenar o número de eventos e actividades que acolleu en 2022. O incremento amosa os avances na consecución dun dos obxectivos do seu II Plan Estratéxico: consolidarse como ferramenta no desenvolvemento social, cultural e económico de Galicia.
  • Os Premios Nacionais de Artesanía están convocados anualmente a través da Escuela de Organización Industrial e da súa cátedra de promoción da artesanía Fundesarte, a organización de referencia na promoción e no desenvolvemento das empresas artesás españolas. O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento e competitividade das pemes do sector artesán,p así como incentivar a innovación, o deseño e a súa capacidade de adaptación ao mercado. Prémiase ás institucións e empresas que contribuíran de xeito significativo a impulsar o traballo artesán, en 5 categorías, tres delas para proxectos de artesáns e dúas ao labor de promoción por parte de entidades públicas e privadas.
  • O Premio Otero Pedrayo está promovido polo Goberno galego e as catro deputacións provinciais. Considerado un dos máis prestixiosos da cultura galega, naceu en 1977 co obxectivo de perpetuar a memoria do autor de Trasalba e así mesmo recoñecer a contribución á cultura de persoas e entidades no campo das letras, e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións. A Deputación de Lugo fora por última vez escenario da entrega deste galardón no ano 2019, cando o recibiron Ramón Villares e Paco Martín.
  • Pablo Picasso, durante a súa longa e frutífera traxectoria artística, explorou o campo da obra gráfica, onde atopou un medio de creación alternativo ao debuxo e á pintura, ademais de permitirlle unha maior difusión do seu traballo, xa que a obra gráfica posibilita obter varias estampas iguais a partir dunha mesma imaxe-matriz. Entre estas técnicas que espertaron o seu interese atópase o linogravado, co que realizou 199 imaxes. durante o acto de inauguración da exposición tamén se presentou o seu libro-catálogo, no que se inclúe unha publicación inédita titulada O gravado en relevo en Galicia. A linoleografía, de J. Daniel Buján, na que se amosa con exemplos de linogravados a historia desta técnica en Galicia.
  • 'Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito' repasa a traxectoria vital e profesional do autor homenaxeado, permitíndolle ao visitante asistir a un percorrido rigoroso e ameno para comprender quen foi, que legado nos deixou e o que implica a súa figura no proceso de consolidación do galego e da súa cultura nos tempos recentes. A mostra, comisariada por Malós Cabrera e Malores Villanueva, consta de 14 paneis informativos e didácticos e mesas-vitrina con material gráfico e documental pertencente a Del Riego.
  • Federico Mediante, a pesar das súas viaxes e experiencias diversas, mantivo un vínculo especial coa súa terra natal. Neste contexto, a autora, Ana Rosa Martínez Loredo, mergúllanos na fascinante vida do escritor, destacando a súa contribución á cultura española e, en particular, o seu impacto en Galicia. O libro non só ilustra a riqueza do seu legado literario, senón tamén a diversidade de talentos que contribuíron ao enriquecemento da sociedade. A presentación do libro é un testemuño da conexión innegable que Federico Mediante tiña con Galicia, e é un recordatorio de que, aínda que a vida levouno lonxe, o seu espírito sempre estivo arraigado nesta terra.
  • A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe os gañadores da fase final de Teatro do programa Xuventude Crea 2023 da Consellería de Política Social e Xuventude, que se celebrou a pasada fin de semana no Salón Teatro de Santiago. O xurado outorgou o primeiro premio ao grupo ‘As Guapilongas’, de Vigo, pola obra Prázdno. En segundo lugar quedou a compañía ‘Sarabia Teatro’, de Arteixo, que puxo en escena Diario dun tolo, e o lucense ‘Teatro D’o Carón’ fíxose co terceiro premio coa peza Ao fin, Hamlet. Así mesmo, concedeuse unha mención de honra ao grupo ‘Erantres’ de Arteixo pola obra Tres mistos.
  • A Filmoteca de Galicia será en novembro o escenario da estrea mundial de Casa do silencio, produción de aCentral Folque, filmada en Galicia polo cineasta experimental Jon Jost. Con tal motivo, o director estadounidense será obxecto dunha retrospectiva dentro da carteleira de novembro da cinemateca da Xunta, que inicia tamén un ciclo sobre o realizador portugués Pedro Costa e incorpora o novo apartado As filmotecas presentan... ás súas seccións habituais.
  • O CORNO, a segunda longametraxe da directora e guionista Jaione Camborda, convocou máis de 20 mil espectadores nos seus primeiros 5 días nos cines, que coincidiron coa ponte do 12 de outubro. Consegue así ser a película en galego máis vista na súa primeira fin de semana da historia, superando os títulos recentes do noso cinema. Trátase tamén da película española gañadora da Cuncha de Ouro con mellor arranque comercial desde “Os luns ao sol”, de Fernando León de Aranoa, rodada en Vigo e estreada en 2002. Despois de xirar durante esta semana por localidades galegas como A Coruña, Santiago, Vilanova de Arousa, Vigo, Ferrol ou Lugo, o equipo de O CORNO continúa esta semana facendo presentacións e coloquios en cines de Madrid e Barcelona.
  • Este ano os premios recaen en Yolanda Castaño (na categoría de Letras), o Museo do Gravado á Estampa Dixital (Artes Visuais), Pistacatro (Artes Escénicas), a Banda de Música Unión de Guláns (Música), Portocabo (Audiovisual), Ponte...nas Ondas! (Lingua), Eduardo Pardo de Guevara (Patrimonio Cultural) e os curso de verán Galego sen fronteiras (Proxección Exterior). Estes galardóns distinguen un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.