Skip to main content

Noticias

  • Asomarse ao mundo persoal de Ramón María del Valle-Inclán a través de boa parte do patrimonio artístico que albergaba no seu domicilio, situado no número 5 da madrileña rúa Francisco de Rojas, é o que persegue a mostra 'Valle-Inclán íntimo', que permanecerá aberta ao público no Colexio de Fonseca ata o 1 de abril e que se nutre da colección particular dos irmáns Valle-Inclán Alsina, Fernando, Miguel e Javier: Obra pictórica, escultórica, debuxos, caricaturas, retratos de sinaturas coñecidas.
  • Foi presentada ante unha nutrida representación dos sectores audiovisual e turístico a imaxe e o avance dos traballos para a posta en marcha este mesmo ano da Galicia Film Commission, nova plataforma virtual para a promoción internacional da nosa Comunidade como plató de cinema e de televisión baixo o lema Shooting at The End of The World. Segundo anunciou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a súa entrada en funcionamento levará asociada a activación, a partir de 2024, dun novo fondo para a atracción de rodaxes mediante a fórmula de incentivos directos ás empresas, coa previsión de que o seu retorno económico na nosa Comunidade multiplique por 10 o investimento público.
  • O Instituto Cervantes de París é o escenario do peche dun ano de reivindicación do legado de Laxeiro, un dos pintores galegos máis relevantes do século XX e figura destacada da vangarda pictórica española. Hoxe finaliza na capital francesa o percorrido da exposición itinerante Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970), que sumou nesta última estadía internacional, entre o 27 de xaneiro e o 13 de marzo, máis de 1.000 visitantes. A iniciativa xurdiu despois de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidise dedicarlle a Laxeiro no 2022 o Día das Artes e viuse reforzada coa implicación do Instituto Cervantes de París e da Embaixada de España en Francia.
  • A obra, que pasa a engrosar a sección clásicos de Xerais, recompila os case 40 anos de creación poética dunha das voces líricas máis importantes da segunda metade do século XX. Introducido por un limiar de Alonso Montero e ilustrado con seis imaxes do artista da Limia Xosé Lois Carreira, o volume presenta os textos ordenados en 12 seccións: A procura da identidade, Saudade das paraxes de outrora, O paraíso da infancia, A defensa dos desherdados, O panteísmo animista, O nihilismo, O pensamento: a vida, o medo, Deus, a morte, O amor o erotismo, a Tucha, Contra a inxustiza e a opresión, A reivindicación da lingua, A palabra creativa e Varia.
  • A MICE, que terá lugar do 15 ao 21 de marzo, pon o foco no cine de contido antropolóxico e no seu papel como ferramenta documental e pedagóxica. Nesta edición, o concepto de rururbanía como intersección entre o rural e o urbano será o eixe temático de toda a programación, desde as seccións competitivas Galicia e Internacional con Santiago Teijelo, Sara Traba, Eloy Domínguez Serén e Samuel Moreno Álvarez como representantes galegos, ata os apartados paralelos Trazas, Lindes e Impropias, pasando polas accións formativas e o resto das actividades do festival.
  • En total, preto de 700 persoas entre alumnado, profesorado e coordinadoras e coordinadores dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega déronse cita no Gaiás para intercambiar experiencias e compartir unha tarde chea de actividades como teatro, baile, rap, desfile de moda, xogos etc. Animados polos xornalistas Carlos Amado e Esther Estévez, os representantes dos 12 centros participantes subiron por quendas ao escenario para interpretar ante os demais os seus respectivos espectáculos, que se intercalaron coa actuación da Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola, de Noia, que realizou tres shows: de freestyle football, de beatbox e de breaking.
  • A exposición, que poderá visitarse ata o 31 de maio, súmase ás iniciativas postas en marcha este ano para conmemorar o 50 aniversario da morte do pintor malegueño. De feito, a Fundación Camilo José Cela consta cun valioso legado de Picasso entre os seus fondos das que cede seis pezas para 'Picasso. Branco no recordo azul', a exposición que reivindicará a pegada galega na traxectoria do artista a través dunha escolma de 120 pezas.
  • Tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura a presentación da programación das Letras Galegas 2023, que chegan á súa 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego. Unha decisión da Real Academia Galega que, segundo o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, 'é un acto de xustiza', pois foi precisamente Del Riego quen, xunto con Gómez Román e Ferro Couselo, 'impulsou a iniciativa para establecer unha xornada que permitise atesourar e recoñecer a todos e a todas os que contribuíron a enriquecer a nosa lingua e a ampliar o noso horizonte intelectual'.
  • A actividade central da conmemoración, que se desenvolve no Hostal dos Reis Católicos, consiste na lectura de poemas. Autoridades e figuras destacadas da esfera cultural como o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, ou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, dan voz a Tecín soia, ao prólogo de Follas Novas ou a Máis o que ben quixo un día, entre outros textos da autora. Pecha o acto a actuación dos Carapaus, acompañados das alumnas da Escola Municipal de Música de Santiago, Estela Pereira ao piano e Lía Ferrer ao violonchelo.
  • Os actos oficiais estarán repartidos entre Santiago e Padrón, lugares de nacemento e pasamento da homenaxeada. A celebración comezará ás 10,00 h coa lectura de poemas por parte do alumnado do Instituto Camilo José Cela diante da Estatua de Rosalía, en Padrón. De aí, os festexos trasladaranse a Santiago, onde ás 11,00h haberá alborada cos Carapaus e ofrenda floral na praza de Vigo, preto de onde naceu Rosalía hai 186 anos. O acto central do día terá lugar ás 12,00 h no Hostal dos Reis Católicos, na Praza do Obradoiro, onde se realizará unha lectura de poemas seguida dunha actuación dos Carapaus, que tocarán con Estela Pereira e Lía Ferrer.