Skip to main content

Noticias

  • O multiverso centrou a temática das nove propostas presentadas a concurso no VIII Findecurta, un certame promovido ao abeiro de Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo, ao que cada ano se incorpora máis talento mozo, tal e como se puido constatar na entrega de galardóns dun 'Findecurta' que premiou a historia 'Portas', creada por 'Desviadas', un cuarteto feminino de mozas preuniversitarias integrado por Elba Penas, Alba Area López, Uxía Calviño e Ayla Álvarez.
  • A caverna baleira é un ensaio-ficción motivado polo descubrimento azaroso dun suposto Instituto de Arte Inexistente. A partir deste achado, o autor constrúe un texto que conduce ao lector a través dos diversos enfoques teóricos, categorizacións e xenealoxías aplicables á arte inexistente. A tal fin, revisa algunhas das liñas de contraprodución estética que marcaron o cuestionamento do obxecto artístico e propón un itinerario a través das obras de arte inexistentes e doutras cuxa existencia é cuestionada. Jorge Fernández Gonzalo é doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense cunha tese sobre a poesía de Claudio Rodríguez.
  • O Proxecto Nós, a iniciativa que permite incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais e que xa ten rematadas as tres primeiras ferramentas, presenta tres utilidades que estarán dispoñibles en aberto nun breve prazo de tempo para que calquera persoa, empresa ou proxecto as poida usar de xeito gratuíto: o tradutor de galego con tecnoloxía neuronal que xa está rematado e supera a calquera outro que existira ata agora, a primeira tecnoloxía que entende o galego oral e o converte a texto, e outra que, a partir dun texto, é quen de ler en lingua galega.
  • Serán máis dun centenar os cineastas que se darán cita nesta aldea do Porriño para participar nas diferentes seccións do programa, como Jaione Camborda, Sonia Méndez, Alfonso Zarauza, Pela del Álamo, Olga Osorio ou a franco-armenia Valérie Massadian, quen protagonizará o Foco Internacional con varias das súas pezas inéditas en España. Haberá tamén coloquios con actores e actrices como Javier Gutiérrez, Nathalie Poza, María Vázquez, Antonio Durán Morris, Nerea Barros, Tamar Novas ou Diego Anido, ademais de Luis Zahera, a quen se lle fará entrega do Premio Pedigree de Honor.
  • Coa participación de máis de 500 académicos e académicas de diferentes países, Pontevedra reunirá en xuño do vindeiro ano á 'elite da investigación sobre transición ecolóxica de Europa, nos ámbitos das ciencias económicas e sociais', segundo anunciou o responsable do Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo, Mario Pansera. Da man deste grupo de investigación, a cidade será en 2024 a sede do congreso internacional da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica (ESEE) e do Grupo Internacional de Estudos sobre Decrecemento e Poscrecemento.
  • Os proxectos abranguen accións de exhibición, divulgación, formación ou concienciación social e medioambiental, dirixidas a públicos moi diversos en ámbitos como a danza, o teatro, a música, o audiovisual, a literatura, as artes plásticas, o patrimonio inmaterial ou a innovación cultural. Todas elas responden á finalidade de reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural para acadar un tecido sólido máis alá dos grandes núcleos urbanos e contribuír a incrementar a actividade cultural nas contornas rurais. Búscase activar procesos culturais nestas zonas que afonden nos vínculos individuais e sociais co territorio, ofrecendo novas oportunidades laborais, estables e de calidade.
  • O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura o martes 25 un ciclo de cine sobre a figura de Picasso no 50 aniversario da súa morte. Picasso a través do cine arrancará como parte das actividades arredor da mostra 'Picasso branco no recordo azul'. O primeiro visionado será no auditorio do museo ás 19,00 horas cos filmes Guernica de Robert Hessens, que trata de maneira fragmenta e convulsa a célebre obra do artista, con imaxes de arquivo sobre o bombardeo nazi da poboación vasca que dá nome a obra pictórica e cinematográfica. Tamén se proxectará Picasso de Luciano Emmer, no que se afondará na evolución da pintura de Picasso ata a súa fase rosa.
  • A corrente do Novo Cinema Galego será obxecto do seu primeiro foco en Italia no marco da programación do 36º Bolzano Film Festival Bozen, que conta coa colaboración da Xunta para lle conceder a Galicia o protagonismo da súa sección Focus Europa. Así, o coñecido certame desta cidade do norte de Italia ofrecerá do 19 ao 23 de abril unha programación especial de seis longametraxes que exemplifican a vertente máis independente e vangardista do audiovisual galego, ademais dunha mesa redonda que afondará nas súas características e elementos diferenciais.
  • Galicia é unha das cinco comunidades integrantes do novo programa interautonómico Corten para a difusión e circulación dos seus respectivos catálogos de curtametraxes e no que a Xunta participa con Shorts from Galicia xunto ás entidades homólogas de Asturias, Cantabria, Navarra e País Vasco. Tras a súa presentación no mercado profesional do Festival de Cine de Málaga, así como en Bilbao e en Santander, esta iniciativa recala o vindeiro sábado 15 na sede da Filmoteca de Galicia na Coruña. A cinemateca da Xunta acollerá durante toda a xornada o evento Corten Galicia, de entrada libre e pensado especialmente para os profesionais, estudantes e demais persoas interesadas neste formato audiovisual.
  • O Carballo Interplay arranca a súa décima edición, consolidado como a cita de referencia en contidos dixitais, tanto a nivel galego como estatal. O programa que desenvolverá ata o vindeiro día 1 fará fincapé neste décimo aniversario, combinando experiencias de creación dixital que comezaron a súa andaina hai unha década coas que están a iniciarse na actualidade. A mostra (S8) desenvolverá a súa 14ª edición do 26 de maio ao 4 de xuño en distintos escenarios da Coruña, como a Filmoteca de Galicia.