Skip to main content

Noticias

  • Do 23 ao 28 de outubro o Teatro Principal de Santiago acollera esta vixésimo primeira edición do AMAL, baixo o lema Ninguén está a salvo. Ao longo da semana, o público poderá gozar de filmes como o premiado en Venecia Entre as figueiras, primeira película de ficción do franco–tunesino Erixe Sehiri; O caftán azul, da directora e guionista marroquí Maryam Touzani; Conspiracíón no Cairo, do guionista e produtor sueco de orixe exipcia Tarik Saleh, e The sage, do director de cine e televisión sirio, de orixe palestina Basil Al-Khatib.
  • O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, presentaron esta mañá a sexta edición do programa Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, que, no marco dos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados pola Xunta de Galicia e coordinados pola RAG, chega este outono a unha ducia de concellos das catro provincias galegas cun dobre obxectivo: achegarlle ao público a orixe e significado dos topónimos do seu municipio e procurar novas persoas colaboradoras na plataforma Galicia Nomeada, que lle permite á cidadanía contribuír á recollida de topónimos e microtopónimos que corren o risco de perderse.
  • Transformar o panorama educativo cara un paradigma de equidade e xustiza e que este sirva, á súa vez, como motor transformador para toda a sociedade. Este é escenario futuro sobre o que están a debater este semana en Vigo as e os máis de 200 asistentes á STAR Global Conference 2023, un congreso internacional organizado por STAR Scholars Network e a Cátedra Unesco da Universidade de Vigo. STAR Scholars Network é un foro internacional de académicos e académicas que promove a mobilidade social global mediante o uso da investigación e no que traballan 15.000 docentes e estudantes que traballan a través das fronteiras en 2353 universidades de 115 países.
  • Moitas das protagonistas desta exposición foron persoas senlleiras que levaron unha vida de marcada proxección social como Pura Lorenzana, Sara Leirós, Luisa Cuesta ou Carmen Pardo Losada. Foron mulleres que buscaban desenvolver as súas capacidades por medio dunha carreira profesional e fixérono en diversos eidos como as humanidades ou as ciencias. Xeralmente acaparaban as mellores cualificacións e moitos premios académicos, conseguindo algunhas delas premios profesionais ás súas carreiras. Entre os libros que se exhiben na mostra atópanse varias publicacións de Luisa Cuesta, que chegou ser directora da Biblioteca Nacional de España.
  • O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe en Madrid na inauguración da exposición Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruido del tiempo, na que a Xunta de Galicia colabora coa cesión da réplica da maqueta do Plan Palacios para Vigo elaborada polo profesor Javier Fondevila e alumnado do Instituto IES Politécnico de Vigo. O titular de Cultura da Xunta agradeceu ao Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid a súa homenaxe cunha retrospectiva que permitirá reivindicar o papel do galego Antonio Palacios como arquitecto universal.
  • O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou na presentación do libro "A salga no fin do camiño. As fábricas de Fisterra", no que Santiago Llovo cataloga os vestixios das plantas de salgadura co obxectivo de preservalos e poñelos en valor. O representante da Consellería do Mar enxalzou o labor deste historiador-escritor para afondar nas orixes da actividade industrial marítimo-pesqueira do noso litoral, actividade iniciada cos cataláns que impulsaron a salga da sardiña como precursores do que agora é a industria de transformación de produtos do mar da comunidade.
  • O Consello da Xunta ven de autorizar un convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e Cáritas Federadas en Galicia para o desenvolvemento dun proxecto piloto de arraigamento para a formación de persoas inmigrantes en situación irregular en sectores nos que precisan man de obra, facilitando que atopen neles un posto de traballo. É unha iniciativa pioneira que persegue que estas persoas poidan obter unha autorización de residencia e de traballo que facilite a súa integración sociolaboral e a regularización da súa situación, contribuindo a facer fronte á escaseza de persoal en sectores con problemas para atopar man de obra.
  • O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno autonómico vai aplicar as vantaxes da intelixencia artificial á Administración educativa dixital para mellorar a toma de decisións de cara ao éxito escolar, crear un expediente académico único e habilitar un portelo único de comunicación da comunidade educativa. "Será a través do proxecto EdugalIA, un programa pioneiro e moi innovador xa que non se ten feito en ningunha outra comunidade autónoma", explicou.
  • Creada no Xacobeo 2010 pola S.A Xacobeo como revista de investigación sobre o Camiño de Santiago e as peregrinacións, Ad Limina conta cunha versión impresa e outra dixital que lle permite unha ampla difusión e o recoñecemento internacional da alta calidade dos traballos que leva publicados ao longo destes 14 números. Está vinculada ao Comité de Expertos do Camiño de Santiago, que ten en Paolo Caucci o seu presidente de honra. O Centro Internacional de Acollida ao Peregrino acolleu a presentación do novo número da revista, coordinada polo profesor Carles Sánchez Márquez, da Universitat Autònoma de Barcelona e Museu de Terrasa, e que conta con nove traballos de investigación arredor de Cataluña e o Camiño de Santiago, e outras investigacións e recensións de publicacións.
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para a solicitude dos bonos dixitais para colectivos vulnerables do programa estatal ÚNICO. O prazo ábrese mañá e permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de novembro. O obxectivo desta iniciativa é facilitar a persoas ou familias vulnerables contratar ou mellorar a conexión á banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps, cunha minoración mensual de ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida, durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.