Noticias
-
A oitava edición de AuGAL, a Master Class do Audiovisual Galego, arrancará este mes de novembro con cadanseu obradoiro sobre cor e dirección de fotografía, que se desenvolverán na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra os vindeiros días 26 e 27, respectivamente.Estas serán as primeiras das oito sesións programadas ata mediados de abril no marco desta iniciativa formativa que promoven a Agadic e a Universidade de Vigo.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, defendeu hoxe o apoio aos deportistas galegos durante toda a súa traxectoria e destacou o incremento en máis dun 10% dos orzamentos para o deporte. Durante o acto de entrega das Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2018, Feijóo destacou o compromiso da Xunta por que o éxito das categorías inferiores non se esvaeza polo camiño, senón que se traslade ás categorías absolutas. E enxalzou e agradeceu o traballo de todas as persoas e entidades galardoadas e que contribuíron e, en moitos casos, seguen contribuíndo ao crecemento, promoción e excelencia do noso deporte.
-
Ás oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, é a obra gañadora do XXIV Premio Álvaro para textos teatrais, o máis lonxevo do seu ámbito en Galicia e un dos referentes da escrita dramática en galego. Así o decidiu o xurado dos galardóns literarios que convoca a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e que tamén recoñeceu Somos os monstros, de Paula Carballeira, co X Manuel María de literatura dramática infantil.
-
PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival son os 10 eventos asociados a esta primeira temporada de FEST Galicia. Os 10 festivais de verán asociados este ano á marca FEST Galicia congregaron preto de 200.000 asistentes, que foron así mesmo os receptores das diferentes actividades de promoción e concienciación desenvolvidas baixo esta iniciativa.
-
O mestre do cinema xaponés Yasuzô Masumura é obxecto desde hoxe e ata finais e mes dunha retrospectiva no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia, que lle ofrece ao público galego seis títulos claves na súa extensa filmografía. Organizado en colaboración coa Filmoteca Española e Japan Foundation, o ciclo Yazusô Masumura. Retratos ao límite busca afondar na particular ollada, en ocasións extrema e fóra do convencional, dun cineasta referente en Xapón, pero pouco coñecido en Occidente.
-
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) comparten nesta recta final do ano un programa de proxeccións, conversas e instalacións arredor da videocreación galega, que arranca esta mesma tarde na sede coruñesa do CGAI. Este é o primeiro dos ciclos do proxecto Mirada país, a través do que a Consellería de Cultura e Turismo busca poñer en valor a potencialidade da creación audiovisual galega, fóra dos xéneros e canles de exhibición máis convencionais. Este primeiro ciclo de Mirada país articúlase arredor de catro sesións de proxeccións e debates con algúns dos videocreadores programados.
-
Detectáronse 8.000 tumores, dos que o 92% tiñan un estadio tumoral baixo. A mortalidade por cancro de mama en mulleres galegas que participan nos cribados descendeu en máis dun 20% respecto do previsto sen cribado
-
A Xunta afronta o desafío enerxético coa aprobación das Directrices enerxéticas para o trienio 2018-2020, nas que é prioridade o desenvolvemento de enerxías renovables, cun investimento de 1.300.000 € e coa instalación de 1.200MW, dos que 1.000 serán para a produción de electricidade en base ao vento, a auga e o sol, e 200 de enerxía térmica a partir de biomasa, solar térmica, xeotermia e aerotermia
-
O conselleiro de Sanidade e o presidente da Fegamp asinaron o convenio de colaboración no que participa tamén Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. No marco deste acordo, atendéronse o pasado ano 7.634 persoas nas 13 unidades asistenciais de drogodependencias xestionadas polos concellos
-
Tanto a Xunta como o Principado de Asturias xa se puxeron en contacto co Ministerio de Industria e co Ministerio para a Transición Ecolóxica para coñecer as propostas que se contemplan neste asunto