Skip to main content

Noticias

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Un grupo de xornalistas asiáticos e outro de xornalistas finlandeses están a visitar esta semana a Comunidade galega para coñecer parte dos recursos asociados ao Camiño de Santiago e promover así a ruta xacobea en países como Singapur, Indonesia, Malasia, Filipinas ou Finlandia. Convidados por Turismo de Galicia, os profesionais finlandeses coñecerán diferentes lugares emblemáticos do Camiño Portugués da Costa, neste ano no que o Goberno galego dedica gran parte dos seus investimentos e esforzos de promoción a este itinerario xunto ao Camiño Portugués.
  • O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu proxectará entre o 7 e o 15 de setembro preto de 100 títulos galegos e internacionais, ademais de ofrecer charlas, conferencias, espectáculos de narración oral e humor, concertos, actividades infantís e de implicación social. O evento, que chega este ano á súa undécima edición, conta con financiamento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. A sede da asociación organizadora acolleu a presentación do programa completo do certame, no que participaron o director da Agadic, Jacobo Sutil; o alcalde de Bueu, Félix Juncal; o deputado de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra, Xosé Leal; e mais o director do FICBueu, Manuel Pena.
  • Presentouse este martes no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo a 40ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, dende o 10 ao 15, e dende 17 ao 21 de setembro. Asistiron o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos; a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez; Ramón Carballo, Xefe Territorial de Prsidencia da Xunta de Galicia en Lugo; a Vicerreitora do Campus de Lugo da USC, Montserrat Valcárcel Armesto, ao Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz Ramil, o Director da Semana Internacional de cine de autor, Manuel Curiel Fernández. Nesta 40ª edición, participarán un total de 165 cintas de diferentes países.
  • Galicia presenta durante toda esta semana a súa capacidade e o seu atractivo como destino de turismo de congresos, eventos e negocios, o denominado sector MICE. O departamento de Turismo da Xunta participa nun workshop de M&I Fórums especializado no mercado francés e suízo. Ao longo de cinco xornadas de traballo, persoal técnico autonómico mantén reunións con operadores turísticos nas cidades de Lyon, Lausanne e Zúrich co fin de amosar o potencial galego neste eido. A Comunidade dispón de infraestruturas e recursos para acoller este tipo de actividades, un nicho de mercado que encaixa co modelo impulsado pola Estratexia do turismo de Galicia 2020.
  • O turismo galego atravesa un momento de consolidación despois dun lustro de intensos crecementos. Na consecución dun modelo que afonda na calidade, o sector hoteleiro avanza en variables como o tempo medio que os viaxeiros permanecen en Galicia e as tarifas, cun crecemento do 5% e do 2,5% en xullo. Malia que a climatoloxía non foi a mellor no sétimo mes do ano, o sector soubo manterse e mesmo mellorar un punto a ocupación nas fins de semana.
  • Este domingo, van ser homenaxeados en Guitiriz os chamados “Irmáns da lexía”, catro mozos coruñeses represaliados en 1936. Dous deles, France e Bebel, foron fusilados; a Jaurés aplicáronlle a “Lei de fugas”, e Pepín salvou a vida exiliándose en Hispanoamérica. Selva, filla de Pepín, participará nos actos de homenaxe. Homenaxear aos “Irmáns da lexía” é unha teima de décadas de Alfonso Blanco Torrado, crego en Guitiriz e revitalizador da cultura da Terra Chá a través de Xermolos e a Irmandade Manuel María, sendo obra súa o anual Festival de Pardiñas.
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e a directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, María Pereira, participaron esta mañá na plantación de parte dos bidueiros exhibidos na intervención artística Betula Pendula, que se puido visitar nas Torres Hedjuk entre o 21 de marzo e o 19 de agosto.
  • Quedou aberta no Museo comarcal de A Fonsagrada a exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emigrante galego-poeta obreiro”, promovida por Galicia Digital, a familia do escritor e o Concello de Paradela, que permanecerá nesta localidade enclavada no Camiño Primitivo a Compostela ata mediados de outubro. Con este motivo, presentouse o libro “MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, 25 ANOS DESPOIS”, que recolle medio cento de traballos literarios sobre o escritor de Paradela que foi e segue a ser ponte entre os galegos da terra e os da emigración en Catalunya.
  • A Fundación Vodafone e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa a Rede CeMIT continúan traballando para impulsar o uso dos smartphones e as tabletas entre as persoas maiores. Os ciclos “Aprende a usar o teu smartphone” e “Aprende a usar a túa tablet”. retomaranse en setembro e prolongaranse ata novembro nas localidades de Brión, Oroso, Pontedeume, e Ribadeo. De cara a darlle continuidade a esta programación, a Fundación Vodafone renovou parte do material cedido para a realización destas actividades con 7 novas tabletas.
  • A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a desenvolver o Plan de Acción en Software Libre 2018, que recolle un total de 110 actuacións co obxectivo de fomentar e promover o uso e reutilización de software libre na administración pública, o impulso dunha oferta de solucións libres e de calidade para as nosas empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade. Como xa vén sendo habitual, unha parte moi importante destas actuacións desenvolveranse en colaboración dos principais axentes do ecosistema de software libre galego.