Skip to main content

Noticias

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • O Presidente da Deputación, Manuel Baltar e a presidenta da fundación “Carlos Velo”, Carmen Leyte, asinaron o protocolo de colaboración para a organización deste evento audiovisual, que terá a Miguel Anxo Fernández como coordinador artístico e a Aurelio Gómez Villar como coordinador técnico
  • Prevese o investimento máis cuantioso por proxecto en toda Europa, con ata 100.000 euros de axuda por iniciativa, só na fase de incubación. A previsión é lanzar tres convocatorias (a primeira, en novembro) que mobilizarán como mínimo 4.750.000€ ata finais de 2021, dando soporte a 19 empresas e creando 60 empregos directos.
  • A Xunta analizará a situación das persoas sen fogar en Galicia co obxectivo de elaborar un plan de atención específico. A cifra de galegas e galegos que sofren carencia material severa reduciuse nun 40% e supón xa menos da metade da media nacional
  • O Conselleiro de Facenda presentou no Parlamento o teito de gasto para 2019, asegurando que é “realista e prudente”, e o máis san e o que menos recorre á débeda de toda a década. A revisión á alza da previsión de crecemento para 2018 queda no 2,8% e no 2,5% en 2019, polo que Galicia seguirá experimentando un forte crecemento
  • Desenvolverase nun espazo de 102.635 hectáreas, no que ata finais de ano se definirán os recursos turístico-científicos e logo se concretarán as actividades a ofrecer a cidadáns en xeral e profesionais de distintos sectores. O proxecto, incluído no Plan Estratéxico de Turismo, presentouno o Deputado de Turismo, xunto ao Vicepresidente, aos 17 Concellos implicados, expertos da USC, representantes de colectivos veciñais e empresas da zona.
  • A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou na Cidade da Cultura nas Xornadas Mulleres de Seu “O futuro de todas”, con motivo do Día da Muller Rural, que este ano cumpríu o seu décimo aniversario para -indicou- festexar este día é visibilizar a importancia das achega económicas, sociais e culturais que desenvolven as mulleres en áreas rurais de todo o mundo.
  • O madrileño Manuel Miguel Pozo Guerra, recibiu do Presidente da Xunta a “Compostela” que, no seu caso, é a especial distinción que se lle entrega, dixo Núñez Feijóo, “cando se está a preparar o mellor Xacobeo da nosa historia”, asegurando que este incremento de peregrinos, chegados desde 172 países e cada vez por máis rutas xacobeas, demostra que “Galicia gusta” e que o traballo de todos fai que o Camiño de Santiago xa non sexa un fenómeno exclusivo dos anos santos
  • Cinespaña está organizado por AFICH, Association du Festival International du Cinéma Hispanique, un colectivo que traballa pola difusión do cinema español en Francia. O festival anual, que celebra ata o 14 de outubro a súa 23ª edición, rexistra usualmente unhas cifras totais de asistencia ás proxeccións de 18.000 persoas. As fitas foron seleccionadas pola organización do festival para ofrecerlle ao público unha visión conxunta da corrente denominada Novo Cinema Galego, cinco longametraxes e seis curtas, reunidas baixo o título de Paisaxes periféricas, que se exhiben en distintos espazos da cidade.
  • A Xunta de Galicia está a impulsar un proxecto europeo de voluntariado ambiental que se desenvolve en espazos naturais protexidos da Comunidade. Trátase da iniciativa Vida Permanente con Voluntarios – Life Evergreen with Volunteer’ (LEWO), aprobado ao abeiro do programa LIFE 2016 da Comisión Europea. O obxectivo de LEWO é potenciar o patrimonio natural de Galicia a través dun grupo de xuventude voluntaria formado por 300 mozos e mozas galegos entre os 18 e os 30 anos de idade inscritos no Corpo Europeo de Solidariedade.
  • A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o sábado 24 de novembro a primeira edición de Contornos e contornas. Unha visión transdisciplinar sobre a arquitectura’, na que profesionais da arquitectura, psicoloxía e pedagoxía procurarán crear un clima de reflexión e de propostas en común sobre as melloras a aplicar nos recintos educativos para mellorar a habitabilidade, benestar e o clima de aprendizaxe, tirando proveito dos respectivos coñecementos destas disciplinas.