Skip to main content

Noticias

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)- Filmoteca de Galicia inicia o vindeiro martes 19 o ciclo Tan poderoso coma o amor, titulado como o libro que o escritor coruñés César Antonio Molina acaba de publicar no selo Destino. Este volume afonda no sentimento amoroso a través dunha escolma de cen clásicos do cinema mundial que van desde Camille (1921), de Ray C. Smallwood, ata La correspondencia (2016), de Giuseppe Tornatore, e que lle serven ao seu autor para reflexionar sobre o amor en clave filosófica, analizando como a sétima arte tratou o tema practicamente desde o seu nacemento. Con tal motivo, o escritor e os programadores da filmoteca galega seleccionaron os 11 títulos deste programa entre as películas do devandito volume.
  • O audiovisual galego presentouse en Berlín diante da industria cinematográfica internacional, nun encontro celebrado no marco da 31ª edición do European Film Market (EFM), que se desenvolve do 7 ao 15 de febreiro en paralelo á Berlinale. Para a celebración deste evento especial, a organización volveu a escoller o Academie Lounge de Berlín, local situado moi próximo ás sedes do mercado, que reuniu a 200 profesionais coa finalidade de intensificar as relacións entre os representantes do audiovisual galego desprazados e a industria internacional convidada. Este encontro facilitoulles aos profesionais a posibilidade de ampliar a súa axenda de contactos e detectar potenciais clientes ou colaboradores.
  • A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar hoxe a segunda semana de ‘Escenas do cambio’, o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción do Gaiás, e faino cunha peza creada ‘ex profeso’ para a escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego por Isidoro Valcárcel (Murcia, 1937), un dos pioneiros da ‘performance’ en España e que conta cunha traxectoria creativa de máis de 40 anos que lle valeu os máximos recoñecementos como son o Premio Nacional de Arte e Premio Velázquez de Artes Plásticas. A presenza de Isidoro Valcárcel completouse cun obradoiro durante a primeira semana do festival.
  • O Salon des Vacances de Bruxelas celebra este ano a súa 61 edición como un dos certames turísticos máis importantes do centro de Europa e conta, como en anos anteriores, coa presenza da oferta turística galega. Así, ata o vindeiro domingo, o recinto feiral Brussels Expo acolle, na capital belga, o expositor de Turespaña onde o departamento de turismo da Xunta promove os recursos e atractivos da Comunidade con dous módulos dentro do recinto español. Esta acción forma parte da estratexia de promoción exterior desenvolvida a través de Turismo de Galicia para fomentar a captación e fidelización dos distintos viaxeiros internacionais.
  • A primeira rolda de votacións das e dos académicos galegos sitúa aos filmes A sombra da lei e Trote como as producións máis votada entre as 167 que se presentaron aos XVII Premios Mestre Mateo, acaparando 15 candidaturas cada unha. A unha certa distancia sitúanse a serie O sabor das margaridas con 8, a longametraxe Contou Rosalía con 7, e o programa Land Rober Tunai Show e o documental Versogramas con 4 cada unha. A sombra da lei opta a facerse co galardón á mellor longametraxe, mellor dirección para Dani de la Torre e todas as categorías profesionais ás que optaba -dirección de arte, dirección de fotografía, dirección de produción, guión, maquillaxe e perruquería, montaxe, son, música orixinal e vestiario-.
  • Iníciase a andaina exterior do catálogo Shorts from Galicia 2019 no Festival de Court Métrage de Clermont-Ferrand (Francia), o principal encontro internacional para os profesionais que se dedican á produción, difusión e distribución de curtametraxes. Realizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a pubicación ofrece na súa nova edición unha escolma de seis títulos: Maullidos de látex, de Brian Rodríguez; Limbo, de Daniel Viqueira; Soy una tumba, de Khris Cembe; A nena azul, de Sandra Sánchez; La noche, de Martín Romero; e El Espectrorum, de Judith Adataberna. Ademais, a curta de animación Soy una tumba foi seleccionada polo festival de Clemont-Ferrand para competir dentro da súa sección internacional.
  • O novo volume La letteratura galega. Autori e testi verte ao italiano medio cento de textos arredor doutras tantas figuras das Letras Galegas, da man dos tres Centros de Estudos Galegos (CEG) italianos -Padua, Roma e Perugia- da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos e no marco da colección Finisterrae. O proxecto ten como obxectivo ofrecer unha obra de referencia e utililidade para quen se acheguen ás letras galegas, así como abranguer o ámbito universitario e literario da Italia máis galega, da Galicia máis internacional. O libro, coeditado polos profesores Gemma Álvarez Maneiro e Giovanni Borriero (CEG de Padua), está prologado polo profesor, investigador e académico da RAG Xesús Alonso Montero.
  • O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aspirou hoxe a celebrar o mellor Xacobeo na mellor Galicia da nosa historia e recordou que non é só un proxecto de Galicia, senón de toda España: “Estamos a falar dun dos acontecementos turísticos e culturais máis relevantes que vivirá o conxunto do país nos vindeiros anos”, aseverou, invitando a todas as comunidades e ao Goberno central a cooperar neste gran proxecto. Durante a presentación de Turismo de Galicia en Fitur, Feijóo asegurou que o Xacobeo 2021 será un punto de inflexión na historia turística da Comunidade, como o foi o primeiro gran Xacobeo celebrado en 1993, e, con ese obxectivo, dixo, “Galicia xa empezou a preparalo e a celebralo”.
  • A Biblioteca de Galicia celebrará o Día da Ilustración o próximo mércores 30 de xaneiro poñendo en valor a obra do artista vigués Federico Ribas Montenegro, protagonista desta data que promove a Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), a través do Calendario do libro e da lectura 2019. Ademais de adicarlle o Día da Ilustración a Federico Ribas Montenegro, a Biblioteca de Galicia tamén acollerá unha mostra de pequeno formato na que se exporán algunhas das obras máis singulares do ilustrador, debuxante e publicista.
  • Os espectáculos galegos Elisa e Marcela, de A Panadaría, e A leituga, de Eme 2 Producións, represéntanse esta semana na XV Feria de Artes Escénicas de Madrid MADferia grazas ao intercambio entre este encontro madrileño e o mercado Galicia Escena PRO. Os representantes de MADferia asistiron tamén ao mercado galego, onde tiveron a oportunidade de ver os espectáculos galegos programados, co obxectivo de seleccionar dous deles para a súa carteleira.