Skip to main content

Noticias

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • O impulso á dramaturxia galega contemporánea e a reflexión sobre a nosa identidade como pobo centran unha parte importante da nova temporada escénica do Centro Dramático Galego (CDG), que foi presentada hoxe na súa sede do Salón Teatro de Santiago de Compostela. Así, arredor deste dous eixos xira a nova produción propia da compañía da Xunta, Neorretranca e posmorriña, que dirixirá Gena Baamonde a partir dos textos Sinfonía en sol maior ou non, de Esther Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte.
  • A Cidade da Cultura de Galicia súmase aos actos polo ‘Día de Castelao’ —que se celebra o 30 de xaneiro, data do seu nacemento— botando a andar ese mesmo día o ciclo Diálogos ao redor de Castelao, un espazo de conversa, análise e reflexión sobre a época, a figura e a obra do intelectual galeguista, que contará coa participación de destacados especialistas en historia, arte, ilustración, política e movementos migratorios. Estas xornadas, de balde con inscrición previa, inxírense dentro do programa de actividades para arroupar e dinamizar a exposición Castelao maxistral, do Museo Centro Gaiás, na que se exhibe por vez primeira en Galicia o icónico lenzo ‘A derradeira leición do mestre’, que xa foi visitada por máis de 25.000 persoas.
  • O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia da Consellería de Cultura e Turismo dálle a benvida ao 2019 cunha celebración das linguas e do cine de Europa. Farao desde a semana que vén tanto a través do ciclo EFA: Premios Discovery, que ofrecerá unha escolma dos títulos galardoados nos últimos anos con esta distinción da Academia do Cine Europeo para apoiar o novo talento, como da súa habitual sección Fóra de Serie, cunha selección de filmes falados en diversas linguas do continente. Todas as fitas serán presentadas por profesoras do Centro de Linguas da Universidade da Coruña.
  • Asaka dá ao prelo Wakaba syuu (2018), que cunha escolma representativa duns 60 poemas traducidos ao xaponés dun total de 137 –e das cinco seccións nas que se divide a obra (Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra e As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos) na que non faltan pezas emblemáticas como Unha vez tiven un cravo, Negra sombra ou Tecín soia a miña tea– se suma ás traducións á lingua nipoa xa feitas dos Cantares gallegos (2002 e 2005) e dos Contos da miña terra (2013) para completar con esta derradeira entrega a edición bilingüe xaponés-galego da obra de Rosalía de Castro.
  • Na cidade do Douro, darase cita medio centenar de representantes das 37 empresas audiovisuais acreditadas este ano, cifra que dá conta do progresivo incremento do nivel de participación neste foro bilateral, orientado a impulsar e normalizar a colaboración entre os sectores audiovisuais galego e luso. Pola banda galega, desprazaranse 14 empresas: Agallas Films, Congo Producciones, Control Z, Ficción Producciones, Filmax, Filmika Galaica, Mondotropo, OlloVivo, Portocabo, Sete Media, Somadrome, Sun Lúa, Voz Audiovisual e Zenit TV. En canto á delegación portuguesa, asistirán 23 produtoras.
  • En Galicia xéranse un total de 54.000 toneladas ao ano deste tipo de residuos, o que supón unha media de 20 quilos de residuos por persoa. Gran parte dos mesmos, poderían regresar ao ciclo produtivo aplicando un programa de preparación para a reutilización que contemple a súa comprobación, limpeza e reparación, de xeito que se permita a reutilización destes elementos sen ningunha outra transformación previa. Na actualidade, o sector de xestión de residuos representa un 27% do total catalogado coma Emprego Verde. Estímase que unhas 1.000 toneladas de RAEE xeren uns 200 postos de traballo na procura da súa preparación para a reutilización.
  • Sonidos Mans, o programa de apoio ao talento musical organizado pola Fundación Paideia Galiza acaba de pechar a súa segunda edición, durante a que cinco bandas emerxentes tiveron a oportunidade de tocar en diferentes festivais galegos de verán, así como de gravar un tema e un vídeo. Os grupos pontevedreses Innertes e La Cloaka Sound & J.C.A. foron elixidos xunto a The Niftys (Albacete), The Dawlins (Madrid) e Doña (Navarra) para participar nesta iniciativa. O Son do Camiño, PortAmérica, Vive Nigrán, Atlantic Fest, SinSal Son Estrella Galicia, Revenidas, O Marisquiño e Festival de la Luz foron os oito eventos colaboradores desta segunda edición e os encargados de seleccionar que bandas.
  • A feira das industrias culturais Culturgal anunciou hoxe a programación completa que desenvolverá do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo o lema Ti marcas o compás. Será a undécima edición deste evento. Un ano máis, a Asociación Culturgal, da que forman parte cinco asociacións profesionais que representan máis de 150 empresas do sector, encárgase da organización deste multitudinario evento, que o ano congrega arredor de 15.000 visitantes.
  • Inaugurouse hoxe o Congreso Internacional da Asociación Española de Ciencias do Deporte, que ten lugar na Coruña ata o vindeiro venres día 23. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez incidiu na importancia da investigación científica do feito deportivo e salientou a labor dos poñentes e conferenciantes do Congreso polo seu traballo “tentando dar respostas nos distintos ámbitos, desde o terreo científico ata as solucións técnicas e tecnolóxicas”. A titular do Deporte galego enfatizou que “o deporte é un feito básico e piar fundamental para a transformación e desenvolvemento da sociedade e ocupa un espazo fundamental na acción do goberno da Xunta de Galicia”.
  • Estas medidas se estruturan en torno a tres eixes: No primeiro eixe, no que se refire á atención ás vítimas, ampliarase a Rede Galega de acollemento. No segundo eixe enfocado á prevención e sensibilización, no que se refire ao eido educativo o Goberno galego impulsará na totalidade de centros educativos programas de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. No terceiro eixe, a Xunta elaborará unha nova a macroenquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia a que permitirá extraer conclusións para a orientación das políticas publicas neste ámbito, e co gallo de afondar de xeito específico nesta cuestión, promoveremos un estudo da incidencia da violencia de xénero no ámbito rural e as súas particularidades.