Skip to main content

Noticias

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de autorizar a creación ou habilitación de 158 novas unidades (grupos de clase) en centros públicos de educación Infantil, Primaria e Educación Especial, o que levará consigo a incorporación de 240 novos mestres o vindeiro curso escolar. Con esta medida, refórzanse os medios destinados ao sistema educativo co obxectivo de garantir a calidade do ensino así como cumprir coas medidas establecidas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o inicio da actividade lectiva nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21.
  • O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, destacou o potencial do turismo náutico á hora de favorecer a diversificación da oferta e contribuír á reactivación do sector turístico, apostando por un modelo sustentable e de calidade que pon en valor a natureza e a paisaxe. Fíxoo tras participar na presentación das novas rutas da iniciativa Cruceiros Costeiros de Galicia, centradas no Xacobeo 2021 e no mundo fenicio. Segundo puntualizou Román Rodríguez, este tipo de iniciativas permiten impulsar produtos e experiencias diferenciadas que, no caso deste proxecto, teñen ademais unha repercusión directa no territorio, ao beneficiar as pequenas vilas e poboacións nas que fan parada as distintas rutas.
  • Se ha celebrado en Madrid una nueva reunión a la que, además del secretario general de Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa del Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, Raúl Blanco; el conselleiro de Economía, Empleo e Industria de la Xunta de Galicia, Francisco Conde; el responsable de Política Industrial y Sectorial de CCOO de Industria, José Manuel Casado; el secretario general de UGT FICA, Pedro Hojas; y el secretario general de la CIG, Paulo Carril; también ha asistido el presidente de Alcoa en España, Álvaro Dorado. Con el objetivo de lograr que se garantice el mantenimiento de la actividad industrial en la planta de San Cibrao y de los puestos de trabajo vinculados a la factoría, la Xunta de Galicia y el Ministerio, han efectuado propuesta que contiene entre otros los siguientes elementos:
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 740, deles 406 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 49 da de Ourense, 45 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 41 da de Santiago, e 11 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 31 en unidades de hospitalización e 707 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.454 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos. O número de PCR realizadas é de 266.893.
  • A Xunta ven de licitar a redacción da Estratexia Galega de Mobilidade coa fin de definir unha rede coordinada de servizos e infraestruturas moderna, sostible e eficiente que aumente a competitividade na comunidade. O traballo ten un orzamento de máis de 922.000 euros e un prazo de execución de dous anos. A presentación de ofertas poderá realizarse ata o vindeiro 14 de setembro. O obxectivo da programación é avanzar cara a unha mobilidade de futuro, adaptada ao contexto da covid-19 e da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050.
  • A Xunta financia 60 proxectos de Voluntariado Xuvenil de 34 entidades de acción voluntaria e 26 concellos inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da concesión desta liña de subvencións que sufraga iniciativas que teñen como obxectivo incorporar a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos como persoas voluntarias. Esta orde de axudas conta cun orzamento de 255.000 euros. Os proxectos terán unha duración de entre 15 e 60 días, e levaranse a cabo ata 31 de outubro próximo.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 670, deles 371 son da área da Coruña, 75 da de Lugo, 46 da de Ourense, 44 da de Pontevedra, 85 da área de Vigo, 40 da de Santiago, e 9 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 643 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.446 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos. O número de PCR realizadas é de 265.628.
  • Inaugurouse no Museo do Mar de Galicia a mostra Facer Camiño, unha exposición itinerante na que se asocia a arte co Camiño de Santiago que, logo da súa estadía viguesa, percorrerá as restantes cidades galegas e as vilas de Tui, Cee e Mondoñedo concellos asociados ao territorio histórico das rutas xacobeas. A comisaria da mostra, Asunta Rodríguez, realizou unha escolma de 23 pezas que inclúen pinturas, esculturas e fotografías de destacados artistas galegos, enfiada por citas e referencias a Santiago de Compostela e á peregrinación xacobea de autores como Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.
  • O Museo Centro Gaiás exhibe desde hoxe Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia, unha exposición organizada por La Cinémathèque française e a Fundación "La Caixa", en colaboración coa Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 2021. A mostra convida a un percorrido a través dun século de historia do cinema e a unha reflexión sobre o papel fundamental da infancia na creación de relatos e personaxes no cine, así como sobre a influencia que ten a sétima arte no propio desenvolvemento persoal durante a nenez. Nesta viaxe por filmes de diferentes épocas, xéneros e contextos xeográficos, poderanse contemplar desde proxeccións e fotografías de rodaxe, a carteis ou obxectos senlleiros tan icónicos como a vasoira de Harry Potter ou unha reprodución da personaxe de King Kong de máis de dous metros de altura.
  • O Centro Dramático Galego (CDG) colabora co IV Torneo de Dramaturxia do Teatro Español de Madrid a través do apoio á participación de Paula Carballeira como unha das oito dramaturgas e dramaturgos procedentes de todo o Estado que difundirán os seus textos mediante esta fórmula, ideada para darlle visibilidade á autoría teatral contemporánea. A iniciativa, realizada pola produtora LaZona, desenvolverase no Teatro Español por cuarto ano consecutivo. Dada a situación sanitaria actual, será por vez primeira unha edición en streaming, que terá lugar nun dos escenarios das Naves del Español e na que o público poderá votar en liña nos tres minutos inmediatamente posteriores á súa transmisión a través da canle de Youtube do teatro.