Noticias
-
De acordo con este Plan, que pretende contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da independencia económica co obxectivo de lograr unha integración plena na vida económica e social, 38 entidades locais galegas contratarán a 68 mulleres que sufriran violencia de xénero. Trátase dun programa pioneiro que se puxo en marcha o pasado ano por primeira vez en Galicia grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. As contratacións deberán ser para a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social.
-
As persoas que queiran solicitar o voto por correo poden solicitalo persoalmente nas oficinas de Correos. Ademais, habilitouse tamén a posibilidade de solicitalo vía telemática, a través da web de Correos, e mediante o uso dun certificado electrónico. O procedemento é totalmente gratuíto. Logo de solicitalo, a Oficina do Censo Electoral enviará aos electores, antes do 5 de xullo, a documentación necesaria para poder votar.
-
A Mesa demanda unha estratexia común para identificar proxectos de futuro para o sector da automoción. Nela, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apuntou que por parte de Galicia hai un compromiso coas iniciativas vinculadas á dixitalización e á mobilidade sustentable, non só a través do vehículo conectado e eléctrico, senón tamén a través do coche impulsado por hidróxeno verde
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe a aprobación, no Consello da Xunta, do Plan de Saúde Mental de Galicia Poscovid-19 que, cun orzamento de 83 millóns de euros e 241 novas prazas sanitarias, estará orientado a incrementar o número de profesionais e dispositivos asistenciais, desenvolver programas para a recuperación das persoas con trastorno mental severo e fomentar a investigación nestas patoloxías, concretados en 98 proxectos. “É o maior plan de saúde mental que se fixo desde a transferencia do Servizo Galego de Saúde, cun potente impacto no que se refire a recursos humanos”, salientou.
-
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na posta en marcha do laboratorio de proba de voos impulsado por Boeing no Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) a contribución da multinacional para consolidar este centro como un referente no ámbito dos avións non tripulados, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia. Esta infraestrutura enmárcase no proxecto Galician Skyway, centrado na busca de solucións tecnolóxicas para a seguridade do tráfico aéreo non tripulado en espazos compartidos con aeronaves tradicionais.
-
A Consellería de Sanidade informa que a Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas detectaron a aparición dun brote de coronavirus na comarca de A Mariña. En concreto, ata o momento, detectáronse 8 casos positivos en coronavirus no concello de Xove. Todos eles pertencen ao círculo familiar no que se rexistrou o primeiro caso. Trátase dun brote familiar de infección por Covid-19 que se detectou en Xove. A partir da confirmación,fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos da persoa afectada. Ata o momento, mediante as probas realizadas,confírmase a existencia de 8 positivos en Covid-19 (incluido o caso inicial), 4 negativos e 25 máis pendentes de resultado.
-
Os Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo celebran o Día de San Xoán con sardiñadas, churrascadas e actividades propias desta festividade. Os usuarios e usuarias das residencias de Ribadeo, Trabada, A Fonsagrada e Pol pasarán este día xuntos dunha maneira diferente e divertida, e xantan e merendan pratos típicos desta festividade. Nos últimos días recolleron flores para realizar o tradicional ritual de boa sorte deste día .
-
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ven de presentar a actualización do Plan de Detección, Control e Vixilancia ante posibles brotes do coronavirus, logo da reunión celebrada pola Comisión de xestión da crise sanitaria. O plan é froito do traballo do grupo de expertos, e ten como obxectivos definir o marco de actuación para a toma de decisións, así como establecer as medidas en materia de vixilancia, prevención e control dos casos que xurdan. Tal e como destacou o conselleiro, o control dos casos faise dende a Central de seguimento de contactos. A entrada de casos á central realízase dente atención primaria, así como dende o 061 ou dende o novo teléfono posto en marcha pola Xunta de Galicia 881 00 20 21, para atención ás persoas que visiten a nosa Comunidade Autónoma.
-
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na mesa industrial de Alcoa San Cibrao, na que reiterou que para evitar o despedimento de 534 traballadores da planta –ademais dos empregos indirectos afectados– é preciso que o Goberno ofreza a curto prazo un prezo eléctrico competitivo. Tras a reunión, Conde incidiu en que as medidas adoptadas polo Goberno son insuficientes e explicou que os contratos bilaterais non impide o peche da planta de aluminio de Alcoa San Cibrao, xa que os seus efectos empezarían a notarse a medio e longo prazo.
-
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, participou nunha nova reunión do comité clínico de espertos sanitarios na que se estudou a actualización do Plan de Control e Vixilancia contra brotes, toda vez que o pasado domingo decaeu o estado de alarma que limitaba a libre circulación e se abriu a mobilidade nacional e a mobilidade cos países do espazo Schengen.