Skip to main content

Noticias

  • Durante a 41 Semana do Cine de Lugo proxectaranse un total de 130 filmes, que estarán divididos en 10 ciclos. Destes, 112 serán gratuítos, sendo de pago só o ciclo infantil, con entradas a 2,50€, Xoias do Ano, a 4€ e o ciclo Oficial, que terá un prezo de 5€. Ademais, as persoas que acudan ás proxeccións do ciclo Oficial, recibirán cada día unha publicación do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá como agasallo. Como novidade deste ano, dentro do parque de frigsa acollerá o Paseo do Cine de Lugo, que conterá placas homenaxeando a figuras de Lugo que foron importantes no mundo do cine. Neste ano colocaranse as dúas primeiras placas adicadas a Antonio Mourelos e Prudencia Grifell.
  • Celebrouse no Auditorio Municipal da Cidade das Burgas a décima gala de entrega dos premios do certame de cine OUFF Escola. A que xa é décima edición do Certame de Cinema OUFF Escola outorgoulle este ano o primeiro premio na categoría de Infantil e Primaria ao traballo Agapito vai de viaxe, do CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira, A Coruña). Na categoría de secundaria, o primeiro premio de Outros niveis de ensino non universitario lle foi concedido ao IES Isaac Díaz Pardo (Sada, A Coruña) pola curta Deámoslles voz. OUFF Escola é un certame de cinema convocado pola Concellaría de Cultura de Ourense e pola Consellería de Cultura e Turismo no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).
  • Foi presentado no Pazo de San Roque (Santiago de Compostela) o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". Ao acto asistiron o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz. Este proxecto está composto polo libro “Os nove anos de Fraguas en Lugo”, que recolle textos dos promotores desta iniciativa, e doutros amigos e antigos alumnos de Antonio Fraguas, sobre os nove anos que este pasou en Lugo, e da profunda pegada que deixou neles e na sociedade lucense; unha exposición itinerante, composta por doce paneis, nos que se resumen os contidos do libro, e que nos próximos meses percorrerá toda Galicia; e a web fraguasenlugo.org, que recolle todas os contidos da publicación en papel.
  • Foi presentado na Coruña o catálogo de produtos da marca Artesanía de Galicia co que se pretende dar un novo pulo á promoción das pezas artesanais como elementos da vida diaria, tanto no ámbito do interiorismo e decoración como no da xoiaría, moda e complementos. A publicación, de 55 páxinas, caracterízase polo seu deseño e unha coidada maquetación, e outorga unha especial relevancia ás fotografías, que amosan escenas cotiás nas que a artesanía galega é a protagonista das imaxes. Ofrécese unha imaxe contemporánea do sector artesán galego, mesturando tradición e modernidade. Búscase amosar a heteroxeneidade do sector e poñer en valor a incorporación da artesanía no día a día.
  • Cada outubro, a industria global de medios e entretemento converxe en Cannes para compartir catro días de intercambio, reunións, proxeccións, conferencias e tecer redes. Será o próximo 16 de outubro neste MIPCOM da cidade francesa cando Auga Seca (6 x 50’) teña a súa estrea mundial da man do distribuidor internacional DCD Rights. O screening desta ficción no mercado posiciónase como un dos pratos fortes ao lado da esperada serie belga Blackout, ou a xaponesa An artist of the floating world, adaptación da novela homónima do Nobel de literatura Kazuo Ishiguro.
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou no primeiro dos Venres Autónomos, encontros cos que se busca coñecer de preto a realidade deste colectivo e escoitar cales son as súas demandas
  • A secretaria xeral de Igualdade, e o secretario xeral para o deporte, asinaron novos contratos -dun total de 25- de patrocinio con deportistas clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020 e participantes nas edicións anteriores dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, para que participen en campañas de prevención e sensibilización fronte a violencia de xénero.
  • O Presidente da Xunta de Galicia, no ao acto de inauguración da sede desta entidade, agradeceu o labor de todas as institucións que nos nosos días seguen traballando pola diáspora galega, asegurando que Galicia seguirá sendo solidaria cos seus emigrantes como eles o foron ao contribuír desde a emigración ao desenvolvemento da comunidade.
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou unha orde de axudas nos centros de investigación das Universidades galegas para o período 2019-2022, o que significa o maior investimento público realizado ata o de agora no sistema científico universitario galego e suporá un salto cualitativo e cuantitativo no impulso do que son os maiores axentes científicos de Galicia.
  • O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o Delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asistiron xunto á Torre de Hércules, ao inicio da rodaxe que promove o Consorcio de Turismo da Coruña dentro do programa O TEU XACOBEO. Julia Baird grava estes días en Ferrol, Bruma e Santiago o vídeo da canción ‘Teu Camiñar’, composta pola artista galega Cristina Rubirosa. Segundo comentou Román Rodríguez, John Lennon proxectou facer o Camiño nos anos 70 con Salvador Dalí, o que finalmente non puido cumprir.