Skip to main content

Noticias

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Galicia desenvolverá 17 proxectos piloto que permitirán dispoñer dos servizos avanzados do 5G en eidos como a sanidade, a loita contra incendios, a industria, o vehículo conectado, o turismo ou a educación. Dentro do proxecto Piloto 5G estarán 8 novos proxectos que terán efectos en ámbitos tan relevantes como a asistencia técnica remota ás máquinas do sector naval ou a exploración e diagnóstico oftalmolóxico, e que se suman ás outras 9 iniciativas nas que xa están a traballar os principais operadores adheridos ao Nodo 5G. Despois de que en xuño, Vigo e A Coruña foran das primeiras cidades en contar con redes 5G de España, Galicia é hoxe, xunto con Andalucía, unha das dúas comunidades que acollerán o desenvolvemento dos primeiros pilotos 5G.
  • O Encontro, que promove a creación contemporánea e o intercambio de coñecemento a través dunha residencia artística no Gaiás, está impulsado pola Fundación Cidade da Cultura –enmarcándose ademais na programación do Xacobeo 21– e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell. Participan artistas galegos pero tamén procedentes do resto de España e doutros países como Colombia, Romanía ou Arxentina. As nove edicións celebradas ata o de agora consolidan o EAN como unha das citas de referencia da arte contemporánea da Península, como demostra cada ano a traxectoria e talento dos e das participantes seleccionados.
  • Alberto Vázquez con "A Caza" na categoría xeral e Martín Romero con "Uxío" na infantil e xuvenil son os gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. A convocatoria chega así a súa décimo cuarta edición e, por vez primeira, concede o premio na modalidade de infantil e xuvenil. Dous autores de traxectoria xa moi recoñecida son os gañadores da nova edición do Premio Castelao de Banda Deseñada que esta mañá fallou un xurado presidido polo deputado da área de Cultura, Xurxo Couto, e composto por Gema Sesar, Kiko da Silva, Antonio Navarro Santalla e Albert Monteys ademais da xefa do servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat que actuou como secretaria.
  • A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu a petición propia para informar sobre os avances deste documento normativo no que se está a traballar, e anunciou a inminente convocatoria ao sector para avanzar na nova clasificación por estrelas que equipararán o turismo rural ao resto de aloxamentos turísticos
  • SONS E SOÑOS é unha agrupación promovida pola Asociación Músico Crisanto, e sostida polos concellos lucenses de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, formada por preto dun centro de músicos que dirixe o profesor Armando Morales. A Banda é froito da Escola de música destes tres concellos -único caso en Galicia de responsabilidade municipal compartida- con máis de trinta profesores, que axiña se verá transformada en Conservatorio de música.
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avoga por seguir estreitando a colaboración entre administracións e entidades sociais para, xuntos, dixo, acadar unha inclusión social real e efectiva. Fíxoo durante a celebración do XIII Encontro de participación ‘Loita contra a Pobreza, a Exclusión Social e a Desigualdade no marco dos ODS’, de EAPN-España.
  • A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, Mar Pereira sinalou que a aplicación das tecnoloxías disruptivas ten un importante potencial para o desenvolvemento económico de España, pero que é preciso minimizar os seus riscos, polo que a regulación e a educación social serán esenciais.
  • O conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña, destacou no Parlamento as medidas adoptadas polo seu departamento para mellorar a saúde das mulleres e garantir os seus dereitos neste ámbito, indicando: “Queremos dar resposta ás necesidades e problemas de saúde que aparecen ao longo do ciclo vital da muller, de forma integral, promovendo a saúde física, mental e social de todas as mulleres de Galicia e mellorar a calidade da atención prestada”.
  • A Comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, inaugurou no Instituto Cervantes de Nova York a exposición itinerante do fotógrafo Manuel Valcárcel The Way to Santiago, a contemporary experience of pilgrimage coa que a Xunta e Correos están a promover de xeito itinerante en varias cidades estadounidenses tanto o Xacobeo 2021 como os valores e riqueza da experiencia da peregrinación na Ruta Xacobea.
  • Celbraranse os venres e sábados, desde o 4 de xullo ao 17 de agosto, ás 21,00 h., e o ciclo é o fiel escaparate das tendencias musicais actuais, podéndose escoitar hip-hop, trap, dance, electrónica, flamenco-pop ou cumbia, que tanto éxito están a ter entre a xente máis nova, aínda que non faltará o pop, o reggae, o indie ou o rock.