Skip to main content

Noticias

  • O conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña, destacou no Parlamento as medidas adoptadas polo seu departamento para mellorar a saúde das mulleres e garantir os seus dereitos neste ámbito, indicando: “Queremos dar resposta ás necesidades e problemas de saúde que aparecen ao longo do ciclo vital da muller, de forma integral, promovendo a saúde física, mental e social de todas as mulleres de Galicia e mellorar a calidade da atención prestada”.
  • A Comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, inaugurou no Instituto Cervantes de Nova York a exposición itinerante do fotógrafo Manuel Valcárcel The Way to Santiago, a contemporary experience of pilgrimage coa que a Xunta e Correos están a promover de xeito itinerante en varias cidades estadounidenses tanto o Xacobeo 2021 como os valores e riqueza da experiencia da peregrinación na Ruta Xacobea.
  • Celbraranse os venres e sábados, desde o 4 de xullo ao 17 de agosto, ás 21,00 h., e o ciclo é o fiel escaparate das tendencias musicais actuais, podéndose escoitar hip-hop, trap, dance, electrónica, flamenco-pop ou cumbia, que tanto éxito están a ter entre a xente máis nova, aínda que non faltará o pop, o reggae, o indie ou o rock.
  • Segundo o Instituto Nacional de Estadística, Galicia recibiu doutros países 12.884 habitantes máis dos que saíron, o que supón un incremento que case dobra (un 98,82% máis) a cifra de 2017, cando entraron en territorio galego 6.882 persoas máis das que saíron. Deles, 2.885 teñen nacionalidade española, o que se traduce nun aumento do 47% en relación aos 12 meses anteriores, cando o saldo positivo deixaba 1.954 españois novos en Galicia (unha vez restados os que saíron).
  • Alberto Núñez Feijóo, destacou os avances no Barrio da Residencia de Lugo coa demolición do antigo Hospital Xeral e coa licitación de Centro integral de saúde que este mérdores publicará o D.O.G. e que se situará no complexo do antigo Hospital Materno-Infantil, e indicou que o obxectivo é recuperar e humanizar un barrio histórico da cidade e convertelo nun referente de modernidade, innovación, accesibilidade e sustentabilidade,”nun barrio do século XXI”, dixo.
  • Durante o acto de entrega das Bandeiras Azuis 2019, Feijóo aseverou que a Xunta seguirá traballando para garantir o máximo respecto polo medio sen facelo incompatible cunha explotación racional, lembrando que nos últimos tempos dotouse á Comunidade de instrumentos normativos para preservar a paisaxe e fomentar un desenvolvemento sustentable e racional como: o Plan de ordenación do litoral, as directrices de ordenación do territorio, a Lei do Solo, ou o Catálogo das paisaxes de Galicia.
  • O D.O.G. ven de publicar a primeira liña de apoio técnico e económico aos concellos para que elaboren plans de emerxencia fronte á seca que permitan garantir o abastecemento de auga á poboación. Con esa medida quérese fomentar a prevención e a anticipación, tendo en conta que ningún municipio galego conta cun plan deste tipo e que o episodio de seca de 2017 evidenciou a vulnerabilidade dos sistemas de abastecemento.
  • Un texto do noso colaborador Armando Requeixo, publicado en Galicia Digital o 8 de febreiro de 2019, formou parte do temario das recentes probas de selectividade, como opción B de Lingua Galega e Literatura II. Nel, refírese á obra de Sinclair Lewis (1885.1951), "It Can't Happen Here" ("Iso non pode pasar aquí"). Para Galicia Digital foi sorpresa grata atopar no temario da Selectividade esta referencia á publicación en "Opinion" do artigo do escritor e profesor Armando Requeixo, que evidencia o seu bo facer no mundo da literatura e do comentario de actualidade.
  • As curtametraxes galegas serán obxecto dunha das sesións do Edimburgh International Film Festival, que arranca mañá na capital escocesa. En Edimburgo o vindeiro día 25 proxectarase unha escolma de seis curtas procedentes das últimas entregas do catálogo 'Shorts from Galicia'. Segundo indica o programa do propio festival, esta selección achegaralle ao público escocés una mostra de filmes xa exhibidos e mesmo premiados noutros prestixiosos certames internacionais, que desde a ficción ata o documental, pasando polo experimental, exploran as tradicións, os espazos urbanos e as paisaxes rurais, “demostrando que Galicia está á vangarda do cinema actual”.
  • Hoxe foi presentado no Instituto Antonio Fraguas de Santiago de Compostela o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". Ao acto asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, en representación da Xunta de Galicia; o director do Instituto Antonio Fraguas, Carlos Encisa; o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez; Carolina Martínez en representación da familia de Antonio Fraguas, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz. Este proxecto está composto polo libro “Os nove anos de Fraguas en Lugo”, unha exposición itinerante, composta por doce paneis e a web fraguasenlugo.org, que recolle todas os contidos do libro.