Noticias
-
Foi presentado na Coruña o catálogo de produtos da marca Artesanía de Galicia co que se pretende dar un novo pulo á promoción das pezas artesanais como elementos da vida diaria, tanto no ámbito do interiorismo e decoración como no da xoiaría, moda e complementos. A publicación, de 55 páxinas, caracterízase polo seu deseño e unha coidada maquetación, e outorga unha especial relevancia ás fotografías, que amosan escenas cotiás nas que a artesanía galega é a protagonista das imaxes. Ofrécese unha imaxe contemporánea do sector artesán galego, mesturando tradición e modernidade. Búscase amosar a heteroxeneidade do sector e poñer en valor a incorporación da artesanía no día a día.
-
Cada outubro, a industria global de medios e entretemento converxe en Cannes para compartir catro días de intercambio, reunións, proxeccións, conferencias e tecer redes. Será o próximo 16 de outubro neste MIPCOM da cidade francesa cando Auga Seca (6 x 50’) teña a súa estrea mundial da man do distribuidor internacional DCD Rights. O screening desta ficción no mercado posiciónase como un dos pratos fortes ao lado da esperada serie belga Blackout, ou a xaponesa An artist of the floating world, adaptación da novela homónima do Nobel de literatura Kazuo Ishiguro.
-
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou no primeiro dos Venres Autónomos, encontros cos que se busca coñecer de preto a realidade deste colectivo e escoitar cales son as súas demandas
-
A secretaria xeral de Igualdade, e o secretario xeral para o deporte, asinaron novos contratos -dun total de 25- de patrocinio con deportistas clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020 e participantes nas edicións anteriores dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, para que participen en campañas de prevención e sensibilización fronte a violencia de xénero.
-
O Presidente da Xunta de Galicia, no ao acto de inauguración da sede desta entidade, agradeceu o labor de todas as institucións que nos nosos días seguen traballando pola diáspora galega, asegurando que Galicia seguirá sendo solidaria cos seus emigrantes como eles o foron ao contribuír desde a emigración ao desenvolvemento da comunidade.
-
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou unha orde de axudas nos centros de investigación das Universidades galegas para o período 2019-2022, o que significa o maior investimento público realizado ata o de agora no sistema científico universitario galego e suporá un salto cualitativo e cuantitativo no impulso do que son os maiores axentes científicos de Galicia.
-
O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o Delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asistiron xunto á Torre de Hércules, ao inicio da rodaxe que promove o Consorcio de Turismo da Coruña dentro do programa O TEU XACOBEO. Julia Baird grava estes días en Ferrol, Bruma e Santiago o vídeo da canción ‘Teu Camiñar’, composta pola artista galega Cristina Rubirosa. Segundo comentou Román Rodríguez, John Lennon proxectou facer o Camiño nos anos 70 con Salvador Dalí, o que finalmente non puido cumprir.
-
O presidente da Xunta visitou o Centro Gallego da cidade arxentina de Comodoro Rivadavia, onde anunciou que este Xacobeo vai ser unha festa sen fronteiras, nunha terra "á que vir e á que volver coa certeza de atopar algo novo". Agradeceu a este centro case centenario, a sua vocación por ter Galicia presente, cun museo dedicado á emigración galega ou cunha biblioteca con máis de 3.000 volúmes.
-
O Presidente da Xunta, que visitou as instalacións da pesqueira Estrella Patagónica e da pesqueira Iberconsa de Argentina e viaxou a Rawson, para reunirse co gobernador da provincia de Chubut, Mariano Arcioni, avanzou tamén numerosas reunións cos responsables de pesca de Santa Cruz e de Bos Aires, co obxectivo de avaliar cos gobernos provinciais e co Goberno arxentino as circunstancias e a actividade das empresas pesqueiras galegas con presenza no país.
-
Que o Comite se reúna en Galicia ven de acordarse en Bruxelas, onde a candidatura galega competía coa proposta da cidade alemá de Wismar, capital de Mecklemburgo Noroccidental. Tras unha votación xeral cargada de incerteza, os membros do CdR elixiron finalmente a candidatura de Galicia, o que permitirá subliñar o carácter europeísta da nosa comunidade como etapa final do Camiño de Santiago e estreitar os vencellos no eido da Unión Europea, asentados nos valores da solidariedade e a concordia.